Emanación - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Emanación
Do latín "emanatione". Proceso xerárquico, de descenso ou degradación ontolóxica, ao que recorren, entre outros, os filósofos neoplatónicos, mediante o que se explica a produción da realidade inferior como unha especie de irradiación a partir da superabundancia da superior, (Deus, o Un, a realidade subsistente e orixinaria), sen que esta perda a súa unidade nin se contamine co inferior ao longo do mesmo.

O proceso de produción do real por emanación distinguise tanto da creación a partir da nada (defendida polos filósofos cristiáns), como da formación da realidade a partir dunha materia preexistente modelada polo Demiúrgo (Platón).