Criterio - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Criterio
O que permite distinguir unha cousa doutra, o verdadeiro do falso, o que ten sentido do que non o ten.

O problema do criterio de verdade acada especial relevancia nalgunhas filosofías, como na cartesiana, nas que, ao encontrarse inicialmente o suxeito fechado sobre si mesmo, non é posíbel apelar á correspondencia entre a proposición e o obxecto ao que se refire, como criterio de verdade, dado que a realidade do obxecto está aínda sometida a dúbida e non pode constituírse en fundamento de ningunha verdade. Descartes pretende superar dita dificultade tomando como criterio as características do cogito: a claridade e a distinción coa que dita proposición é percibida.