Cosmoloxía - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Cosmoloxía
Termo composto polas palabras gregas "cosmos" (orde, universo, mundo) e "logos" (discurso, tratado, etc.) que significa etimoloxicamente "tratado do universo". Polo xeral referímonos, co devandito termo, á concepción do universo nunha determinada época e/ou filósofo, é dicir, á explicación do que é o universo, que queda reflectida nun determinado "modelo" no que podemos atopar elementos matemáticos e físicos, pero tamén culturais e estéticos.