Cosmogonía - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Cosmogonía
Termo procedente da palabra grega "Kosmogonia", composta pola súa vez de "kosmos" (orde, mundo universo) e "goné" (xeración, produción) que etimoloxicamente significa "orixe do universo". A cosmogonía é un relato de carácter mítico co que se quere explicar a orixe e a constitución do universo, a partir da acción dos deuses e a través de varias xeracións.