Conceptualismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Conceptualismo
Posición adoptada, en relación co problema dos universais, por quen defenden que o universal non ten existencia extra-mental algunha, (é dicir, que non é ningún tipo de entidade real), no sentido en que non está nos individuos nin fóra deles, senón que se identifica co significado lóxico e lingüístico, en canto que o universal pódese predicar de moitos, polo que sería só unha idea ou concepto da mente. O conceptualismo oponse, así, ao realismo e ao nominalismo.