Concepto - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Concepto
Termo procedente do latín "concipere" que etimoloxicamente significa "o concibido". Tradicionalmente entendeuse que un concepto era unha representación xeral, abstracta, dun obxecto. Nese sentido, o concepto non se pode asimilar a unha imaxe nin a ningún outro contido sensíbel.

Na filosofía do século XX o concepto entendeuse como o elemento mediador entre o signo lingüístico e o significado, especialmente no ámbito da filosofía analítica.

A discusión sobre a formación dos conceptos, (se se forman por xeneralización ou por abstracción, por exemplo), así como sobre a súa realidade, (se son reais, -- realismo conceptua l--, ou non, -- nominalismo --), foi unha das discusións tradicionais en filosofía, que acadou especial intensidade na Idade Media en torno ao chamado problema dos universais.