Cogito - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Cogito
Termo latino co que nos referimos abreviadamente ao"'penso, existo" de Descartes, cuxa coñecida formulación en latín "cogito, ergo sum" converteuse nun símbolo característico e amplamente recoñecido da filosofía cartesiana. O cogito é, para Descartes, simultaneamente: a primeira verdade coñecida e o modelo de toda verdade que pretenda acadar a razón. As características desa primeira verdade son a claridade e a distinción coas que é percibida, polo que tales características converteranse no criterio de certeza polo que debe rexerse toda proposición que se pretenda verdadeira.