Clinamen - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Clinamen
Termo latino cruñado por Lucrecio, (Titus Lucrecius Carus), seguidor da filosofía de Epicuro, para traducir o grego "parénklesis" co que Epicuro se refire á desviación espontánea da traxectoria rectilínea que experimentaban os átomos.

O clinamen é, pois, esa espontánea desviación da traxectoria dos átomos, que rompe a cadea causal, determinista, do seu movemento, introducindo así un fundamento físico para xustificar a acción libre, nos seres humanos, e o azar.