Cínicos - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Cínicos
Termo co que se designa aos seguidores da escola cínica, ("os cínicos"), cuxa fundación en Atenas, no século -IV, atribúese a Antístenes de Cirene, que fora discípulo de Sócrates. O termo foi adquirindo posteriormente un significado pexorativo e despectivo (quen fala ou actúa con falta de pudor ou recato, quen mente con descaro) ben distinto, co que pasou á linguaxe coloquial.