Ciencias formais - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Ciencias formais
As ciencias formais son conxuntos sistemáticos de coñecementos racionais e coherentes, que se ocupan do estudo dos procesos lóxicos e matemáticos, (polo que o seu obxecto de estudo non é o mundo, a realidade físico-natural, senón formas baleiras de contido), pero cuxos coñecementos poden ser aplicados a devandita realidade físico-natural. O método propio das ciencias formais é o método dedutivo.