Causalidade - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Causalidade
Relación de necesidade que se estabelece entre a causa e o efecto, de xeito que se a causa se da é imposíbel que non se produza o efecto, e viceversa: dado o efecto é necesario que se producira anteriormente a causa. Tradicionalmente esta relación foi formulada como o principio de causalidade, ao que se lle supuxo un valor universal, estendendo a necesidade de tal relación entre a causa e o efecto a todo o ámbito da realidade (inclusive a transcendente).