Categoría - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Categoría
Termo latino procedente do grego "kategoría" co que nos referimos aos grandes conceptos, ou clases, nas que estruturamos a realidade, (lóxica ou ontoloxicamente), e que representarían diversos niveis ou formas de ser que se exclúen entre si. Sistemas de categorías moi coñecidos son, por exemplo, os de Aristóteles e Kant, así como o de Nicolai Hartmann (1882-1950).