Categoremático - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Categoremático
Termo procedente da lóxica medieval co que nos referimos aos elementos lingüísticos que posúen significado propio, como poden ser os substantivos e as proposicións.

Os termos lingüísticos que non teñen significado propio ou que só o adquiren asociados a un termo categoremático, como as conxuncións, disxuncións, cuantificadores, etc..., e que serven para estruturar loxicamente as expresións, reciben o nome de sincategoremáticos, termo procedente tamén da terminoloxía lóxica medieval.