Pluralismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Pluralismo
Doutrina filosófica que postula unha pluralidade orixinaria de elementos ou substancias, (independentes unhas doutras e irredutíbeis entre si), a partir das que se explica a formación da realidade. O pluralismo oponse, así, ao monismo (que postula unha soa realidade orixinaria).

Na filosofía antiga o pluralismo está representado por Empédocles de Akragas (que postula a existencia de catro elementos), Anaxágoras de Clazomene (homeomerías), e Demócrito de Abdera (átomos). Na filosofía moderna o seu máis salientado representante foi Leibniz, coa súa monadoloxía.