Pirronismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Pirronismo
O termo vén a ser sinónimo de escepticismo. Máis concretamente, con el desígnase a quen seguen, ou seguiron, as doutrinas escépticas de Pirrón de Elis, (-365 a -275), considerado o fundador do escepticismo antigo. O pirronismo, ou escepticismo, acadou o seu apoxeo nos séculos I e II da nosa era, (con Enesidemo e Sexto Empírico, entre outros), rexurdindo con forza nalgúns filósofos renacentistas, como Montaigne, Charrón e Francisco Sánchez.