Panteísmo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Panteísmo
Termo composto das palabras gregas "pan", ( todo), e "theós", (deus). En xeral, entendemos por panteísmo a identificación do mundo con deus, ou de deus co mundo, como se queira, de tal xeito que forman unha única realidade, non aceptando, pois, ningunha realidade transcendente nin persoal, dando lugar a unha interpretación monista da realidade.

A filosofía de Spinoza é un exemplo de tal interpretación. Se se considera que deus é a verdadeira realidade, e o mundo algo que emana de deus, fálase dun panteísmo acosmista. Se, polo contrario, se considera que o mundo é a verdadeira realidade, e que deus non é senón a autoconciencia do mundo, por exemplo, falamos dun panteísmo ateo. De cada unha das dúas versións hai, polo demais, distintas interpretacións.