Experimento - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Experimento
1. Ata a modernidade os termos "experiencia" e "experimento" considerábanse sinónimos, polo que se utilizaba indistintamente calquera dos dous para referirse ao observábel. Co desenvolvemento da ciencia moderna, a partir do Renacemento, a introdución da observación controlada e o crecente uso de instrumentos que permiten medir e rexer axeitadamente o fenómeno, (ou o aspecto do mesmo que se desexa observar), dá lugar á distinción entre ambos termos, cinguíndose o uso do termo "experimento" a este tipo de observación rexida.

2. Francis Bacon e Galileo Galilei son, sen dúbida, os primeiros que realizan esta distinción, ao rexeitar o recurso á "experiencia" inxenua, (que nos leva a afirmar cousas como que é o sol quen manifestamente se move, e non a terra), distinción que queda reflectida nas súas respectivas propostas metodolóxicas.