Eudemonismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Eudemonismo
1. Do grego "eudaimonía", (felicidade), o termo aplícase, en xeral, a toda teoría ética que considera que a felicidade é o ben que buscan por natureza os seres humanos. Neste sentido, tódalas éticas da antigüidade clásica comparten dita característica, diferenciándose entre elas ao determinar en que consiste a felicidade, da que ofrecen distintas concepcións: a fortuna, a abundancia de bens materiais, o pracer, a ledicia interior, a rectitude moral, a sabedoría ou a serenidade de ánimo...

2. Con todo, o termo asóciase preferentemente á teoría ética de Aristóteles, á que habitualmente se denomina, sen máis especificacións, eudemonismo. Segundo Aristóteles, a consecución da felicidade, (a vida boa, a vida feliz), é o resultado da acción humana, á que se pode acceder pola práctica das virtudes éticas, (rexendo a conduta pola regra do termo medio), e as virtudes dianoéticas, (das que forma parte a prudencia, coma virtude reitora de todas as demáis), que conducen á sabedoría, o estado ideal de felicidade.