Estruturalismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Estruturalismo
1. Corrente de pensamento que, en oposición aos saberes histórico-humanísticos, desenvolveuse en Francia, a mediados do século XX, no ámbito filosófico, científico e crítico-literario, acadando ademais especial protagonismo na antropoloxía, a psicanálise e o marxismo.

2. Malia as diferenzas entre os seus máis salientados defensores, en xeral o estruturalismo oponse a tódalas correntes filosóficas: ao historicismo, ao humanismo, ao esencialismo, á fenomenoloxía, ao existencialismo, etc., ao considerar a realidade, incluída, por suposto, a realidade humana, como o resultado dun conxunto de relacións sistemáticas e constantes, (ou estruturas), perdendo así toda substantividade (que, dunha ou outra forma, como suxeito ou obxecto, ou como totalidade, atribúenlle as filosofías anteriores). A realidade non é máis que o resultado causal da interacción de tales estruturas que, como tales, constitúena e determinana.

3. Entre os representantes máis salientados do estruturalismo podemos citar a Lévi-Strauss, (antropoloxía), J. Lacan, (psicanálise), L. Althusser, (marxismo), M. Foucault, (filosofía), R. Barthes, (crítica literaria), R. Jakobson e E. Benveniste (lingüística).