Estética - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Estética
Do grego "aisthetiké" (o referido á sensación). Neste sentido etimolóxico utiliza Kant o termo cando, na "Crítica da razón pura", chama Estética transcendental á parte da Crítica na que se ocupa da análise da sensibilidade, por exemplo.

En xeral, non obstante, enténdese por Estética aquela parte da filosofía que ten por obxecto a análise do belo, e que atopamos na historia da filosofía xa como análise do sentimento estético que provoca en nós a obra de arte, xa como filosofía da arte, (das Belas Artes), consideración, esta última, que predomina na actualidade.