Esencia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Esencia
1. En xeral, e especialmente dende Aristóteles, considérase que a esencia remite ao "ser isto ou aquilo" dunha cousa, é dicir, non a que unha cousa é, senón "ao que é" esa cousa. Neste caso fálase da esencia como de algo real (consideración ontolóxica do termo).

2. O termo esencia pódese considerar tamén a partir do punto de vista lóxico: neste caso considérase que a esencia é un predicado mediante o que se define unha cousa, ou se di o que é (consideración lóxica do termo).

3. Dependendo da adopción dunha ou outra consideración (ontolóxica ou lóxica) atopamos distintas interpretacións da esencia ao longo da Historia da Filosofía: a metafísica (real), a lóxica (conceptual) ou unha combinación entre ambas. Podemos considerar que a Idea platónica representa a esencia da realidade, na medida que Platón afirma que a Idea é máis real cá cousa. No caso de Aristóteles a esencia sería identificábel coa Forma.

4. A afirmación de que a esencia é algo real e distinto do obxecto do que é esencia deu lugar, non obstante, a intensas polémicas, sendo moitos os filósofos que rexeitan tal realidade, por diversas razóns, como as esgrimidas por Occam, Hume, Nietzsche...