Escepticismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Escepticismo
1. Termo procedente do grego "sképsis" (investigación, dúbida, indagación). Corrente filosófica da antigüidade que se considera iniciada por Pirrón de Elis (-360,-270) e Timón de Fliunte (-325,-230) e que se caracteriza por rexeitar a posibilidade de que se poida atopar un significado absoluto ao real, (de que poida haber, pois, algunha verdade firmemente estabelecida), propoñendo, en consecuencia, a "epokhé" ou suspensión do xuízo e a prosecución da investigación, como actitude máis sabia e coherente fronte ao problema do coñecemento. Os seguidores de Pirrón salientarán polas análises críticas dos argumentos dos dogmáticos (quen afirman haber acadado esa verdade), recollidos nos coñecidos dez "tropos" de Enesidemo de Cnosos, que chegaron a nós grazas á actividade recompiladora de Sexto Empírico.

2. O escepticismo rexurdirá con forza no Renacemento, coa actividade de Montaigne, Charron e Francisco Sánchez, impulsando a renovación do pensamento filosófico que dará paso á modernidade.