Epistemoloxía - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Epistemoloxía
Do grego "episteme", (verdadeiro coñecemento, ciencia) e "logos", (estudo, tratado). Etimoloxicamente, pois, significa "estudo do coñecemento", e como tal converteuse nunha rama da filosofía que estuda o fundamento, os límites, e a metodoloxía do coñecemento. Dado que no seu obxecto de estudo atópase tamén o coñecemento científico, segundo o contexto en que se de, podería ser difícil distinguir entre epistemoloxía e "filosofía da ciencia". Nun contexto puramente filosófico identificaríase coa clásica "teoría do coñecemento".