Episteme - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Episteme
Termo grego, cuxa raíz vén a significar "saber" ou "coñecemento", que se adoita traducir por "ciencia", e co que os filósofos gregos se referían ao verdadeiro coñecemento, por contraposición ao coñecemento aparente, á crenza razoábel. Para Platón, a episteme é o verdadeiro coñecemento, que só pode selo do inmutábel, da verdadeira realidade, das ideas, en contraposición á "doxa", á "opinión" ou crenza, ao coñecemento da realidade sensíbel. Para Aristóteles, con todo, a episteme sería o coñecemento obtido mediante a demostración.