Empirismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Empirismo
1. Termo latino procedente do grego "empeiría" (experiencia). En xeral, co termo referímonos á toda corrente filosófica que considera que o noso coñecemento deriva da experiencia, polo que a experiencia convertese na única fonte de coñecemento e, xa que logo, no seu límite.

2. Aínda que o recurso á experiencia xa se dá, en determinados contextos, na filosofía antiga, entendese por empirismo, máis habitualmente, a corrente filosófica que se desenvolve a partir do século XVI en Gran Bretaña, cuxos representantes máis salientados foron Francis Bacon, Hobbes, Locke, Berkeley e Hume, e que defende que o coñecemento baséase na experiencia, da que proceden e, en última instancia, derivan todos eles, polo que non existen coñecementos ou ideas innatas das que poida derivarse ningún coñecemento. Neste sentido oponse ao racionalismo, que fai da razón a fonte dos nosos coñecementos, e ao innatismo, que afirma que o suxeito cognoscente posúe ideas innatas, anteriores e independentes de toda experiencia, que actúan como principios dos que derivan dedutivamente os seus coñecementos.