Emanantismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Emanantismo
1. Doutrina filosófica adoptada polos filósofos neoplatónicos segundo a cal o conxunto dos seres, incluídos os seres materiais, derivan da realidade orixinaria, (Deus, o Un), mediante un proceso de emanación.

2. Plotino, (204-270), defendeu esta posición nas "Enéadas": a partir da plenitude e superabundancia do Un, (a realidade subsistente e orixinaria), e mediante un proceso espontáneo, irrádianse as formas de ser inferiores, organizadas xerarquicamente, nun proceso descendente que culmina na produción da realidade material.

3. San Agostiño, Al-Farabi e Avicena, entre outros, aceptaron parcial ou totalmente esta doutrina neoplatónica.