Friedrich Wilhelm Nietzsche


Friedrich Wilhelm Nietzsche

(1844-1900)


A filosofía de Nietzsche
A filosofía de Nietzsche, considerada como vitalista, exerceu unha considerábel influencia a finais do século XIX e ao longo de boa parte do século XX, tanto polo seu carácter crítico como pola súa proposta de transmutación dos valores da cultura occidental, plasmada no ideal do superhome.

O que hai en webdianoia sobre Nietzsche

Nas páxinas dedicadas a Nietzsche atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.

Na segunda sección exponse unha relación das principais obras de Nietzsche.

Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: introdución ao seu pensamento, a crítica da tradición filosófica e a nova filosofía. A cada un destes aspectos do seu pensamento dedícaselle unha páxina.

Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de Nietzsche, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarte co seu vocabulario. Atoparás, ademais, ligazóns a algúns sitios de internet onde che ofrecen a posibilidade de acceder gratuitamente a traducións de obras completas de Nietzsche en distintos idiomas.

Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Nietzsche. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).

Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias recolleitas na súa época ou en épocas recentes, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Nietzsche, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.

Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Nietzsche, na sección Glosario filosófico poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario nietzscheano.