Xustiza - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Xustiza
O termo xustiza adquiriu diversos significados ao longo da historia, segundo o obxecto ao que se refira e os supostos ideolóxicos ou éticos a partir dos que se propón a súa definición.

A xustiza conmutativa, na medida que rexe o intercambio, supón a reciprocidade, polo que en tal caso identifícase coa igualdade.

Non ocorre así coa xustiza distributiva, onde a idea de proporcionalidade fai imposíbel asimilar a xustiza á igualdade.

Especial importancia tivo a consideración da xustiza social ao longo dos séculos XIX e XX, rebordando o ámbito puramente xurídico ou ético.