Xeración - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Xeración
Do latín "generatione", entendemos por xeración a produción de algo a partir de outra ou outras realidades xa existentes. Oponse a corrupción. Ambos termos, xeración e corrupción, aparecen no tratamento do problema do cambio, un dos problemas que suscitaron os primeiros filósofos, ao entender que en todo cambio se producía a perda de algo e a produción de algo novo.

Os filósofos gregos distinguiron, ademais, a xeración da creación, entendida como creación a partir de nada, noción esta completamente allea ao seu pensamento, como se reflicte na afirmación de Parménides de que "o ser é" e "o non-ser non é," segundo a cal o ser non pode proceder do non-ser, da nada, xa que o non-ser non é.