Xénero - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Xénero
Do latín "genere", termo co que se designa a categoría de seres á que pertencen todos aqueles que teñen en común propiedades esenciais, pero que posúen diferentes propiedades non esenciais (diferenza específica). A definición dos entes debe conter, segundo Aristóteles, o xénero maila diferenza específica, coma cando se di do ser humano, por exemplo, que é un "animal racional": animal representaría o xénero de seres ao que pertencen, e racional a diferenza específica.

Dende unha perspectiva lóxica, o xénero representa unha clase de obxectos que posúe maior extensión pero menor comprensión que outra, á que se denomina especie.