Unívoco - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Unívoco
Denominación que se aplica aos termos que utilizamos sempre co mesmo significado. A raíz da afirmación aristotélica de que "o ser dise de moitos xeitos", os escolásticos desenvolveron dita doutrina distinguindo tres modos fundamentais de referirse aos nomes ou termos, aos que denominaron: unívocos, equívocos e análogos. De acordo con dita doutrina, un termo é considerado unívoco cando se aplica, a todos os seres aos que convén, dun modo absolutamente idéntico, adquirindo pois, en todos os casos, o mesmo significado.