Un - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Un
Termo co que nos referimos á unidade primordial do ser como "o un". "O un" representa, neste sentido, a identidade, a simplicidade e a uniformidade do ser, en contraposición ao "outro", ao múltiple, á diversidade, respectivamente. Neste sentido utiliza o termo Parménides de Elea, referíndose ao ser como "o un", reflexión que será continuada por Platón e polos neoplatónicos e, posteriormente, pola filosofía cristiá. O tratamento "do un" foi obxecto de consideracións ontolóxicas e lóxicas, fundamentalmente, na filosofía antiga.

Na filosofía moderna adoptarase unha posición preferentemente gnoseolóxica, chegando a adquirir o seu estudo unha importancia considerábel en filosofías como a hegeliana, co tratamento dialéctico que fai da unidade dos opostos.