Quietismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Quietismo
Corrente místico-relixiosa que se desenvolve en Europa ao longo do século XVII e da que o español M. de Molinos, (1640-1696), foi un dos seus principais representantes. O quietismo propugna a unión mística con Deus a través do abandono máis absoluto da participación na vida activa, ata acadar un estado de "quietude", que supón tamén o rexeitamento de toda actividade intelectual, no que se mesturan a contemplación, o abandono e o silencio interior.