Quididade - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Quididade
Do latín "quidditas", termo co que os filósofos medievais se refiren á esencia. "Quididade" é, polo tanto, sinónimo de esencia ou forma dunha cousa, o que fai que unha cousa sexa o que é, e non outra cousa. O termo foi utilizado no contexto da filosofía aristotélica medieval, e procede da tradución ao latín do termo árabe correspondente ( mâhiyya) co que Avicena se refería á pregunta aristotélica pola esencia, ( "to ti en einai").

San Tomé de Aquino utilízao para distinguir a esencia da existencia, resultando ser un concepto fundamental no seu pensamento.