Mutacionismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Mutacionismo
Teoría evolutiva defendida a principios do século XX, entre outros, por T.H. Morgan, H de Vries e L. Cuenot, segundo a cal a evolución non é o resultado de cambios graduais e acumulativos, senón de cambios bruscos e descontinuos, producidos por mor de algunha mutación xenética.