Monopsiquismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Monopsiquismo
Doutrina segundo a cal existe unha única alma supra-individual, de modo que as almas individuais non son consideradas máis que como manifestacións daquela. A doutrina segundo a cal existe un único entendemento axente, (ou razón universal), do filósofo cordobés Averroes, (1126-1198), é considerada como un exemplo clásico de monopsiquismo.