Mónada - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Mónada
1.Termo procedente do grego "monás", que significa único, unidade. Os pitagóricos usárono xa na antigüidade para referirse ao principio do que proceden tódolos números: a primeira unidade. Platón, pola súa banda, considera as Ideas como mónadas, en canto unidades intelixibeis, que actúan como causas exemplares produtoras das cousas.

2. O termo, non obstante, quedou asociado á filosofía de Leibniz, no contexto da superación do dualismo psico_físico cartesiano e da explicación do dinamismo da realidade. A mónada é, para Leibniz, a unidade indivisíbel e inextensa, unha substancia simple, unha especie de átomo inextenso, o que implica a súa inmaterialidade. Ao mesmo tempo é concibida como o principio activo do movemento, polo que será asimilada a unha especie de "forza espiritual".