Modo de produción tribal - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Modo de produción tribal
Segundo o marxismo, a sociedade tribal primitiva era unha sociedade na que non se daba a propiedade privada dos medios de produción, senón a propiedade colectiva, polo que Marx chamará a este modo de produción "comunismo primitivo": un modo de produción no que as relacións sociais estabelecidas eran relacións de colaboración, e os medios de traballo e os produtos obtidos pertencían á sociedade.