Modo de produción capitalista - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Modo de produción capitalista
É o modo de produción da sociedade industrial. Segundo o marxismo, a súa base é a propiedade privada dos medios de produción, aínda que o traballador é xuridicamente libre. A forza de traballo é a única propiedade que posúe o traballador. O traballo xera unha plusvalía que non reverte sobre o salario do traballador, senón que é apropiada polo capitalista, xerando capital, polo que a relación capitalista-proletario é unha relación de explotación.