Modo de produción asiático - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Modo de produción asiático
Marx considerou que o modo de produción asiático non podía ser asimilado nin ao antigo nin ao feudal, polo que cualificouno de "asiático" ou "oriental". Ao depender da rega das terras, que esixe un control centralizado dos recursos hidráulicos, provócase a creación de gobernos centralizados que se impoñen sobre as dispersas comunidades agrícolas. Por outra parte, a simplicidade da organización económica convértea practicamente en inmutábel, polo que se explica así a súa persistencia a través dos séculos.