Modo de produción antigo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Modo de produción antigo
Segundo o marxismo, a sociedade antiga é unha sociedade civilizada, pero baseada nun sistema escravista de produción. As relacións sociais no réxime escravista son, pois, de dominio e sometemento. O axente propietario, o amo, exerce un dominio completo sobre as forzas produtivas (man de obra - o escravo-, e medios de produción), das que era propietario.