Modo de produción - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Modo de produción
No marxismo, é o modo en que se producen socialmente os bens necesarios para a existencia dos seres humanos, e que comprende unha determinada estrutura produtiva, (composta polo conxunto dos elementos relacionados coa produción material da existencia, así como polas relacións de produción), e unha superestrutura (á que pertencen o conxunto de elementos xurídico-políticos e ideolóxicos), de modo que a estrutura constitúe a base sobre a que se asinta a superestrutura, á que condiciona.