Metafísica - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Metafísica
1. Parte da filosofía que se ocupa do que Aristóteles denominou "Filosofía Primeira", é dicir: a ciencia que se ocupa do estudo do "ser en canto ser" e do estudo dos entes eternos e inmateriais (Motor Inmóbil). Aristóteles considerou ditos estudos como o obxecto da ciencia ou saber supremo. Na medida que para Aristóteles o ser é fundamentalmente substancia, esta converterase no obxecto principal da metafísica.

2. A partir do século XVII prefírese o uso do termo "ontoloxía" para referirse ao estudo do "ser en canto ser", quedando o estudo dos entes eternos e inmateriais baixo o campo da denominada " teoloxía racional".

3. O termo metafísica tivo a súa orixe na denominación " meta ta physiká" coa que Andrónico de Rodas denominou aos libros de Aristóteles que trataban da Filosofía Primeira. Ao ordenar o conxunto das obras aristotélicas atopouse con que ditos libros non podían ser incluídos baixo ningunha das categorías estabelecidas para clasificalos, polo que decidiu catalogalos despois dos libros correspondentes á Física, referíndose a eles como "os de despois da Física" ("ta meta ta physiká).