Mente - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Mente
Do latín "mens", o termo designa aquela entidade ou substancia distinta do corpo que se supón que é a causa dos procesos cognoscitivos do suxeito. O termo considerouse a miúdo sinónimo de alma, espírito ou intelecto, aos que foi substituíndo en certos contextos, aínda que subliñándose o seu carácter de axente intelectual.

Na actualidade o dualismo psico-físico mente/corpo ten poucos defensores, considerándose que os chamados procesos mentais poden ser explicados apelando exclusivamente á actividade do sistema nervioso, e especialmente á actividade do cerebro.