Máxima - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Máxima
En xeral, o termo emprégase habitualmente como sinónimo de principio moral, de norma ou regra de conduta, significado que comezou a adquirir a principios do século XVII.

Anteriormente os escolásticos utilizárano na expresión latina "propositio maxima" para referirse a certas proposicións que consideraban evidentes e indemostrabeis, ou a aqueles principios da ciencia que se poden obter por xeneralización indutiva.