Materialismo histórico - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Materialismo histórico
O materialismo histórico, obra de Marx e Engels, proponse explicar a historia a partir da produción práctica da existencia, invertendo a relación, tradicional na época de Marx, entre a existencia real e a idea que os seres humanos se fan da súa existencia, (ou os ideais que conciben en torno á súa realización).

A historia non é, así, nin unha colección de feitos, como parecían concibila os empiristas, nin unha sucesión de categorías, como a concibían os idealistas; tampouco é o resultado da acción illada dos considerados "personaxes históricos". A historia é o resultado do modo en que os seres humanos organizan a produción social da súa existencia.