Materialismo dialéctico - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Materialismo dialéctico
O materialismo dialéctico, obra de Marx e Engels, considera que non existe máis realidade fundamental que a materia; pero a materia non é unha realidade inerte, senón dinámica, que contén en si a capacidade do seu propio movemento, da súa propia mudanza, como resultado da loita dos elementos contrarios, (sendo a contradición a esencia da realidade), que se expresa no movemento dialéctico.

O materialismo dialéctico proponnos, pois, unha interpretación da realidade concibida como un proceso material no que acontecen unha variedade infinita de fenómenos, a partir de outros anteriormente existentes. Oponse ao Idealismo, (segundo o que o movemento da realidade vai da idea á cousa e á súa reconciliación); e oponse tamén ao materialismo mecanicista, ao concibir a materia como unha realidade dinámica.