Materialismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Materialismo
Termo que se aplica á posición adoptada polos sistemas filosóficos que afirman que todo o que existe é materia, ou é redutíbel a materia. Sobre o que sexa a materia defendéronse distintas posicións, polo que, á marxe deste acordo inicial de que todo o que existe é materia ou redúcese a materia, as filosofías materialistas poden dar lugar a interpretacións da realidade diferentes, e inclusive diverxentes.

O atomismo antigo de Leucipo e Demócrito presentouse tradicionalmente como a expresión máis propia dunha filosofía materialista. O materialismo rexorde con forza na filosofía moderna (con Hobbes, por exemplo) e afiánzase cos filósofos da Ilustración, ocupando un lugar preferente no pensamento contemporáneo.