Maquiavelismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Maquiavelismo
1. Termo co que nos referimos ás teorías defendidas polo político e escritor italiano Nicolás Maquiavelo, (Florencia, 1469-1527), ou co que adxectivamos determinadas prácticas políticas que, real ou supostamente, estarían inspiradas polas súas teorías.

2. A teoría política de Maquiavelo parte da análise dos problemas que xorden da creación e mantemento dun Estado moderno, propoñendo solucións prácticas, baseadas nun novo concepto de virtude (na marxe da moral cristiá da época), que o leva a considerar válido todo recurso que permita sacar proveito da forza e habilidade do gobernante, podendo recorrer incluso á crueldade e ao engano para impoñerse aos seus inimigos. En "O Príncipe", escrita entre os anos 1513 e 1520, máis publicada postumamente en 1531, recóllense os elementos máis significativos do seu pensamento político.