Maiéutica - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Maiéutica
Termo procedente do grego "maieutiké techné", (a arte da comadroa), que foi utilizado por Platón para referirse á segunda fase do método de investigación de Sócrates, comparando a arte das comadroas con esta fase do método socrático, coa que pretendía axudar a dar a luz á verdade. (O método socrático era un método práctico baseado no diálogo, que constaba de dúas fases: a ironía e a maiéutica, e co que, a través do razoamento indutivo, poderíase esperar acadar a definición universal dos termos que eran obxecto de investigación). Coa ironía, Sócrates pretendía facer ver ao seu interlocutor a súa ignorancia, condición para poder investigar algo. Coa maiéutica, buscar unha definición cada vez máis universal do obxecto de investigación, é dicir, dar a luz á verdade.